miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un alpendre no que se refuxiaban diversos animais resultou completamente calcinado en Paradela

Un alpendre no que se refuxiaban diversos animais resultou completamente calcinado en Paradela
Arquivo
Un alpendre no que se refuxiaban diversos animais resultou completamente calcinado en Paradela

Afortunadamente non houbo que lamentar ningún ferido 

Non hai que lamentar ningún tipo de dano persoal, pero os animais foron os que levaron a peor parte. No momento que o lume chegou ás alpacas de herba seca, calcinou a estrutura do alpendre onde estaban rexufiados os animais, que previamente foron desaloxados con axuda dos servicios especiais.

Os sucesos aconteceron en Bariz, no concello lucense de Paradela na noite deste sábado, 27 de xullo, aínda que o lume chegou a iniciarse unha hora antes que de que empezase o novo día, ou polo menos así o relatan os veciños da zona e o equipo do 112. Ata alí achegáronse Bombeiros de Sarria e efectivos da Garda Civil.

Finalmente, o lume foi totalmente extinguido ao fío das 05:15 horas, mais foi preciso intervir con maquinaria especial para remexer o resto das estruturas calcinadas.



Comentarios
Lo más