A Familia Franco obligada a ensinar as esculturas do Mestre Mateo 4 veces o mes
As esculturas do Mestre Mateo que están en posesión da familia Franco, poderán ser vistas 4 veces ao mes ao declaraas Ben de Interese Cultural
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este venres que o Consello da Xunta declarou Ben de Interese Cultural 9 esculturas atribuídas ao Mestre Mateo e ao seu taller procedentes da desaparecida portada exterior occidental da catedral de Santiago de Compostela.
Estas pezas e figuras románicas, son moi coñecidas após de estar comprendidas entre o 1188 e o 1211.
Dúas delas, están en posesión da familia Franco, en concreto as que representan os profetas identificados como Abraham ou Xeremías e Isaac ou Ezequiel. As restantes sete están en mans particulares ou forman parte do patrimonio de institucións públicas como o Museo da Catedral de Santiago ou o Museo de Pontevedra.
O presidente da Xunta salientou que a tramitación deste expediente non recibiu alegacións no período de información pública e que, ademais, contou con informes favorables da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, do Consello da Cultura Galega e do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. Segundo estes informes, os elementos escultóricos acreditan o valor suficiente para ser declarados BIC e, desta forma, contan co máximo nivel de protección e tutela previsto na lexislación vixente.
Ao ser declardas BICs, implica que os propietarios teñan a obligación de amosar as esculturas 4 veces ao mes, incluída a familia Franco.