miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Hostalería Compostela e o BNG propoñen a "xornada dos viños" en Santiago

Hostalería Compostela e o BNG propoñen a "xornada dos viños" en Santiago
Arquivo
Hostalería Compostela e o BNG propoñen a "xornada dos viños" en Santiago

Ramón García, presidente da asociación e Goretti Sanmartín reuniron ós medios esta mañá para explicar a súa proposta

A proposta xorde do grupo municial do BNG, que ten como obxetivo promocionar os viños galegos e promover un turismo gastronómico. Queren dar a coñecer as 5 grandes denominacións de orixe que ten Galicia e pensaron en Santiago pola súa condición de capital para levar a cabo esta xornada.

Contan facelo na 2ª quincena de agosto, desta maneira os eventos gastronómicos non se pisan, pero collen forza entre sí, xa que "Santiago e tapas" xa está instaurado na cidade desde fai un tempo e cuadraría xusto despois deste evento, dándolle continuidade ao ocio gastronómico.

Aínda están dubidando onde se levaría cabo, se na praza de Mazarelos debido a súa simboloxía co viño ou na Alameda. Non obstante, non esquecen a climatoloxía propia destas datas e teñen en conta a opción de por unha carpa en ambos sitios. Tanto para Ramón como para Goretti o ideal sería na praza, pero dependendo da afluencia da xente e adegas pódese quedar algo pequena.

O obxetivo é claro: "Dar a coñecer os viños galegos centrada nunha fin de semana" afirmaba Ramón.

Agardan o apoio do resto de partidos por unanimidade, mais a reunión será a vindeira semana.

Na rolda, tamén houbo tempo para falar da ocupación que se está a ter nesta xornada de festas e admite que non son as previsións esperadas. "Para ser xullo, non son boas. Sorpréndeme que locais da zona vella non estén ao 100%".



Comentarios
Lo más