A choiva desafía ao BNG
A saída estaba programada ás 12:30 desde o Paseo da Ferradura de Santiago, onde Ana Pontón e Nestor Rego estaban á fronte da convocatoria
A marcha convocada polo BNG foi pasada por auga dende o comezo até finalizar. Pouco lles importou aos asistentes o tempo típico galego, que, cun chubasqueiro e un paraugas lanzáronse ás rúas reivindicando o día da patria galega.
Olalla Rodil foi a encargada de abrir o acto da Quintana expresando a súa enorme alegría ao ver un ano máis esa praza chea de xente. Após de que a choiva ía collendo protagonismo a medida que transcurría a mañá, as bandeiras seguían ondeando entre os asistentes.
Paulo Ríos, responsable de Galiza Nova (mocidade do BNG) foi o seguinte en explicar a importancia do 25 de xullo para manifestar a súa preocupación pola precariedade laboral que moitos mozos e mozas están a padecer en Galicia como a el lle pasou fai uns anos.
Era o turno da portavoz nacional, Ana Pontón, a cal aproveitou para presumir dos bos resultados que acadou o BNG nas eleccións municipais e mandar unha mensaxe de entusiasmo para as eleccións do 2021. Ante a posibilidade de novas eleccións en España, anima a que Galicia recupere algún escano no Congreso dos Deputados para paliar a involución que sofre o país e non depender de Madrid, culminando ca frase "Galiza tiña reis, cando en Castela non había leis".
A organización contou cunha banda de gaitas para acompañar o clásico himno galego, que pon, punto e final a unha xornada na que o nacionalismo galego ensalza a súa postura.