miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Plan Xacobeo 2021 é presentado ao Consorcio de Santiago

O Plan Xacobeo 2021 é presentado ao Consorcio de Santiago
O Plan Xacobeo 2021 é presentado ao Consorcio de Santiago

O titular do departamento autonómico expuxo a importancia da cooperación e colaboración entre administracións, recollida dun xeito explícito e central dentro do Plan

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou onte no Consello de Administración do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, no que presentou o Plan Estratéxico do Xacobeo 2021, destacando que se trata da folla de ruta que fará que Galicia amose todo o seu potencial ante o mundo o vindeiro Ano Santo.    

Neste sentido, o titular do departamento autonómico expuxo a importancia da cooperación e colaboración entre administracións, recollida dun xeito explícito e central dentro do Plan. De feito, propón incorporar á planificación as accións previstas desde Consorcio de Santiago, polo que o conselleiro avogou por consensuar “liñas de acción” entre as tres administracións que o conforman: o Goberno do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela.

Comentarios
Lo más