A Policía Nacional destapa un fraude de 9.233.319 á Seguridade Social
Hai un total de 45 persoas investigadas e 28 xa foron detidas.
Axentes da Policía Nacional, en colaboración ca Tesourería Xeral da Seguridade Social levaron a cabo unha operación contra o fraude á Seguridade Social, nas provincias de Alicante, Almería, Barcelona, Cáceres, Cádiz, Castellón, Gerona, Huesca, A Coruña, León, Lugo, Madrid, Sevilla, Toledo, Valencia, Valladolid y Zamora.
As investigacións comezaron a finais do 2018 ao recibir varias denuncias que informaban de ilícitos penais que se cometían contra a Seguridade Social. Tras un minucioso estudo, observouse que, co fin de eludir o pago das cantidades, estas estidades crearon entramados empresariais cas entidades deudoras e empresas pantallas repercutíndolles de maneira positiva nos beneficios.
Os 45 responsables resultaron ser, principalmente: administradores das empresas, testaferros e algún dos traballadores das mesmas.
Avanzadas as investigacións, realizáronse informes patrimoniais das persoas implicadas co obxetivo de embargar os bens localizados.
UNHA EMPRESA CON 10 ANOS DE IMPAGOS QUE NON DABA VACACIÓNS
Aos traballadores, pagábanlle en metálico, non lles daban de alta na Seguridade Social, facíanlles un contrato onde non especificaran as horas de traballo nin o salario a percibir. Ademais, a estes empregados non se lles abonaba o salario si se poñían enfermos ou ían de vacacións.
700.000€ DE FINANCIACIÓN PARA UNHA EMPRESA SEN TRABALLADORES
Esta empresa valeuse dun documento asinado polo administrador dunha terceira sociedade que comunicaba a aprobación da financiación para reforzar a súa oferta de producción, cun importe de 700.000€. Curiosamente, esta última empresa foi comprada por 1€ e non figuraba de alta na Seguridade Social ao carecer de traballadores. Ademais o propietario cobraba un subsidio por desemprego, o que indicaba que esta mercantil non tiña capacidade para realizar dita operación.