A nova equipación do obradoiro abre críticas entre os afeccionados
Onte, martes 23 de xullo, anunciaban a primeira e segunda camiseta de xogo para a vindeira tempada na liga Endesa
O clube convocu unha rolda de prensa en Tiro LIbre SCQ (tenda oficial do clube) para presentar as camisetas de xogo que vestirán nos seus encontros na temporada 2019/20, esta vez, realizadas pola marca de roupa deportiva GEFF.
ACTO DE PRESENTACIÓN
O director xeral e deportivo do clube, José Luis Mateo, Comezou a súa intervención explicando que “además de presentaros las camisetas de juego, tenemos el placer de presentaros a GEFF, la marca que nos vestirá las próximas tres temporadas, y que ya forma parte del Club de Empresas Obradoiro. La empresa, que está radicada en Toledo, nació en 2010 para cubrir la necesidad de que las equipaciones personalizadas de clubes llegaran siempre a tiempo, aspecto que es muy importante para nosotros. Gracias a la tecnología de impresión digital, ahora mismo GEFF es la fábrica de equipaciones deportivas personalizadas por sublimación más grande de Europa y distribuye en mercados de Europa, Estados Unidos y Oriente Medio. Estoy seguro de que vamos a dar un importante paso adelante con esta alianza”.
No acto final da rolda de prensa, o xogador do equipo filial, Brais Losada exerceu de modelo ante a prensa, vestindo as dúas equipacións. A primeira, branca e azul, rescatando as cores do clube e facendo un guiño á liña do deseño da Colección Lendas, ca tipografía All Star. A continuación, a segunda, un azul marino tentando combinar cun rosa fucsia, que conta co detalle especial de levar a silueta da catedral de Santiago nos laterais da camisola.
As camisetas de xogo terán un custo de 39€ para abonados e 43€ para o público xeral e estarán a venda a partir do 16 de agosto.
Non houbo que agardar moito tempo para que empezar a ver algunhas das críticas dos afeccionados sobre as novas camisetas. Só con botar un ollo as redes sociais ou a algún grupo de whatsapp apréciase o descontento polas cores escollidas e polo formato da camisola. Un ano máis, ábrese o debate de o porqué camiseta curta.