Sete persoas feridas nun accidente en Sanxenxo
10:22 24/07/19
10:22 24/07/19
O sinistro ocorreu sobre as 22:55 horas de onte
Sete persoas resultaron feridas nunha colisión entre dous coches en Sanxenxo. Ocorreu no punto quilométrico VG-4.1, no punto quilométrico 21.
Varias persoas particulares alertaban ao 112 Galicia do sinistro ás 22:55 horas.
Decontado, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, do GES de Sanxenxo e dos Bombeiros de Ribadumia.