Chegan as nubes á cidade
08:00 24/07/19
08:00 24/07/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 14ºC e a máxima os 26ºC
O mércores será unha xornada de transición, agradando a chegada dunha fronte a Galicia.
Durante a mañá teremos aínda os ceos moi abertos, con néboas no interior e brétemas no litoral atlántico.
Co avance do día irán entrando nubes altas dende o oeste e non será ata a noite cando comecemos a ver tamén a chegada de nubes baixas.
As temperaturas mínimas descenderán moderadamente, mentres que as máximas manterán os valores da xornada anterior, con cambios pouco significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 14ºC e a máxima os 26ºC.
Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur, aumentando nas últimas horas do día.