miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O BNG condena os feminicidios e apoia as mobilizacións do colectivo feminista

O BNG condena os feminicidios e apoia as mobilizacións do colectivo feminista
O BNG condena os feminicidios e apoia as mobilizacións do colectivo feminista

Pérez Barral asegurou que só combatendo dende todos os eixos o machismo inserido na sociedade seremos quen de acadar outro modelo de relacións, sociais e sentimentais

Dende o BNG, o responsábel comarcal, Luís Pérez Barral, reclamou unha vez máis, a fin da violencia contra as mulleres e esixe responsabilidades e medidas urxentes para acabar cos feminicidios. "Son necesarias medidas políticas e institucionais que non se queden na superficie do problema, fai falta máis que condenar públicamente a violencia machista ou convocar un minuto de silencio" esgrimiu.

"Precísanse medidas integrais que atallen esta lacra de xeito transversal, que vaian dende a mellora dos mecanismos de defensa das mulleres ata a educación pasando por unha protección efectiva da integridade física, psicolóxica e social e unha xestión real e efectiva das axudas, tanto económicas como de calquera outra índole".

Pérez Barral asegurou que só combatendo dende todos os eixos o machismo inserido na sociedade seremos quen de acadar outro modelo de relacións, sociais e sentimentais, baseado na equidade.

Desde o BNG apoian as mobilizacións para denunciar os novos feminicidios e toda a violencia que se exerce sobre as mozas e mulleres e esixir as medidas necesarias para cambiar esta situación e a aplicación de políticas feministas que garantan un cambio radical na situación.

Comentarios
Lo más