miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ribeira contará cun Punto Lila no Día da Dorna

Ribeira contará cun Punto Lila no Día da Dorna
Ribeira contará cun Punto Lila no Día da Dorna

O punto estará emprazado na praia de Coroso de 15.30 a 18.30 horas en tanto que entre a medianoite e as 3 da madrugada se ubicará na avenida do Malecón

O Centro de Información á Muller porá en marcha hoxe mércores con ocasión da celebración do Día da Dorna e en colaboración coa organización un punto de información e prevención contra as violencias sexuais.

O punto estará emprazado na praia de Coroso de 15.30 a 18.30 horas en tanto que entre a medianoite e as 3 da madrugada se ubicará na avenida do Malecón.

Denominado “Punto Violeta”, configúrase como un espazo itinerante habilitado en zonas de lecer e festivas de alta concentración de persoas, especialmente de carácter nocturno, onde persoal especializado realiza labores de información, sensibilización e prevención das violencias sexuais.

O obxectivo principal é o de informar, sensibilizar e previr as violencias sexuais así como, ofrecer información, asesoramento e axuda sobre onde acudir e que facer ante unha agresión sexual.

A información que se ofrecerá ás persoas que se acheguen tratará sobre temas de igualdade e prevención de violencias machistas en xeral, ofrecendo ademais información e documentación desenvolvida especificamente para o programa “Ribeira libre de agresións sexuais”.

Este mesmo punto xa estivo enclavado na noite do 19 ao 20 de xullo na zona de Bandourrío.

Comentarios
Lo más