miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os Concellos do Val do Ulla abren o prazo de inscrición nunha nova edición do programa de mobilidade Galeuropa

Os Concellos do Val do Ulla abren o prazo de inscrición nunha nova edición do programa de mobilidade Galeuropa
Os Concellos do Val do Ulla abren o prazo de inscrición nunha nova edición do programa de mobilidade Galeuropa

  1. Boqueixón, Touro, Vedra e Vila de Cruces ofertan 20 prazas para facer prácticas en empresas de Cork, Sicilia e Malta

Os Concellos de Boqueixón, Touro, Vedra e Vila de Cruces veñen de abrir o prazo de solicitudes para unha nova edición do programa mobilidade xuvenil Galeuropa Val do Ulla. Esta iniciativa está dirixida á mocidade de entre 18 e 30 anos e ten como principal obxectivo reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.

Ofrécense un total de 20 prazas; máis concretamente, as mobilidades ofertadas levarán ás persoas seleccionadas a Cork (Irlanda, con 4 prazas), Italia (Sicilia, con 8 prazas) e Malta (8 prazas). Ditas prácticas en empresas deberanse realizar entre o 30 de agosto e o 30 de novembro. Ademais das propias prácticas e o seu seguimento, o programa Galeuropa cubre a manutención, viaxe, seguro, aloxamentos e preparación lingüística das persoas mozas que participen.

O prazo establecido para presentar as solicitudes é de 10 días hábiles a partires do día seguinte á publicación da convocatoria nas webs municipais dos catro Concellos.

Comentarios
Lo más