miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Arde unha máquina industrial no interior dunha nave en Sarria

Arde unha máquina industrial no interior dunha nave en Sarria
Arde unha máquina industrial no interior dunha nave en Sarria

Os feitos sucederon no Polígono de San Xulián da Veiga, ao fío das 5:20 horas

Un incendio declarado a pasada noite no interior dunha nave en Sarria afectou a unha máquina industrial, que quedou totalmente calcinada. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, ningunha persoa resultou ferida nin afectada.

Os feitos sucederon no Polígono de San Xulián da Veiga, ao fío das 5:20 horas.

Foi unha persoa particular quen alertou do incendio ao 112 Galicia. Acto seguido, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención dos Bombeiros de Sarria, da Garda Civil e alertaron por precaución ao 061-Urxencias Sanitarias.

Unha vez na nave, os servizos de emerxencia desprazados atallaron o lume, que quedou sufocado preto das 6:00 horas. A partir de aí, as forzas da orde tratan de esclarecer as causas que provocaron o incendio.

Comentarios
Lo más