miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Atopados en bo estado os dous homes que se perderon facendo unha ruta en balsa polo río Verdugo, en Pontevedra

Atopados en bo estado os dous homes que se perderon facendo unha ruta en balsa polo río Verdugo, en Pontevedra
Atopados en bo estado os dous homes que se perderon facendo unha ruta en balsa polo río Verdugo, en Pontevedra

Malia algunhas feridas superficiais, os afectados atopábanse en bo estado de saúde e rexeitaron asistencia médica

Dous homes que realizaban un percorrido a bordo dunha balsa inchable polo río Verdugo, no concello pontevedrés da Lama, foron encontrados polos servizos de emerxencia tras sufrir un accidente coa embarcación.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, pese a que ambos coñecían ben a ruta, precipitáronse por unha catarata e a lancha na que viaxaban rompeuse a causa do impacto. Impedidos de continuar o seu camiño a través da auga, tiveron que seguir a pé polo monte ata chegar á estrada, onde finalmente puideron pedir axuda a un viandante.

Finalmente, malia algunhas feridas superficiais, os afectados atopábanse en bo estado de saúde e rexeitaron asistencia médica.

Os xestores do Centro integrado de Atención ás Emerxencias tiveron constancia dos feitos a través da chamada dunha persoa particular ás 21:30 horas da noite de onte. O alertante informaba que os seus amigos saíron nunha balsa inchable e non retornaron ao punto de encontro na hora establecida.

De inmediato, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e tamén da agrupación de Protección Civil de Oitavén-Tea para participar na busca. Ademais, pasouse aviso aos Bombeiros de Ribadumia, ao 061-Urxencias Sanitarias e tamén ás AVPC de Redondela e Cercedo-Cotobade por se fose necesaria a súa colaboración.

Comentarios
Lo más