miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Licitan a instalación dunha rede de pluviais no polígono de Xarás, en Ribeira

Licitan a instalación dunha rede de pluviais no polígono de Xarás, en Ribeira
Licitan a instalación dunha rede de pluviais no polígono de Xarás, en Ribeira

O prazo de execución son tres meses

O Concello de Ribeira informa da licitación dunha nova actuación consistente na instalación dunha rede de pluviais na avenida Remiro Carregal no  polígono industrial de Xarás: unha intervención cuxo orzamento ascende a 217.151 euros, IVE incluído.

A día de hoxe, esta área industrial dispón dunha rede deficitaria de pluviais que rexistra ocasionalmente avarías, circulando a auga de chuvia pola calzada en gran cantidade.

Co obxecto de evitar esta situación, proxéctase unha nova rede dispoñendo un colector por cada unha das marxes das rúas principais do polígono, a base de PVC corrugado de 400 milímetros de diámetro. Ademais, nos cruces de colectores situaranse pozos de rexistro e tamén se instalarán acometidas de pluviais aos inmobles.

O prazo de execución son tres meses.

As empresas interesadas en presentar ofertas teñen ata o día 5 de agosto.

BEIRARRÚAS

Cómpre lembrar que, ao abeiro dunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, está prevista unha segunda actuación no polígono consistente na renovación do pavimento en beirarrúas e calzada dun tramo da avenida Ramiro Carregal. O seu custe ascende a 119.600 euros, IVE incluído.

Comentarios
Lo más