miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Continúa o sol en Compostela

Continúa o sol en Compostela
Continúa o sol en Compostela

En Compostela a temperatura mínima acadará os 16ºC e a máxima os 27ºC

Durante o martes agárdase unha xornada de influencia anticiclónica sobre Galicia, pero con aire frío en capas altas, fonte de inestabilidade atmosférica.

Con esta situación, teremos brétemas costeiras no litoral atlántico e ceos con poucas nubes en xeral pola mañá. 

Pola tarde medrarán nubes de evolución que deixarán chuvascos treboentos en zonas do interior, localmente fortes e ocasionalmente acompañados de sarabia e aparato eléctrico. 

Temperaturas mínimas sen cambios, máximas en lixeiro descenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 16ºC e a máxima os 27ºC.

Ventos frouxos de compoñente oeste.

Comentarios
Lo más