miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bugallo demandará seis millóns de euros en concepto do Estatuto de Capitalidade

Bugallo demandará seis millóns de euros en concepto do Estatuto de Capitalidade
Bugallo demandará seis millóns de euros en concepto do Estatuto de Capitalidade

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, indicou que a cantidade que percibirá o Concello este ano en virtude do Estatuto da Capitalidade volverá a ser de 2.325.000 euros

Na Xunta de Goberno Local celebrada este luns deuse conta da sinatura do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela para sufragar os gastos derivados da súa condición de capital da Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén se aprobaron os pagos pendentes á empresa TRALUSA pola prestación do servizo de transporte de viaxeiros no primeiro semestre do ano.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, indicou que a cantidade que percibirá o Concello este ano en virtude do Estatuto da Capitalidade volverá a ser de 2.325.000 euros. Lembrou que esta achega foi reducida en 2010 (en 2009 foran 3 millóns de euros) e logo conxelada, e apuntou que "debera ser revisada esta cantidade significativamente á alta para o futuro". Neste sentido, manifestou que "o custo estimado da capitalidade é duns 6 millóns de euros".

Esta foi unha das cuestións sobre as que o rexedor falou co presidente da Xunta na súa recente reunión e expresou o seu desexo de que, cara 2020 e, sobre todo, cara 2021, "este tema teña unha mellor solución".

RECOÑECEMENTOS DE PAGOS

Outro dos asuntos tratados na Xunta de Goberno foi a estimación parcial dun recurso de reposición interposto por Cespa, S.A relativo á revisión de prezos do servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e do arborado urbano do concello de Santiago de Compostela. Esta estimación parcial supón o pago de 104.730 euros en concepto de atrasos.

Tamén se aprobaron pagos a conta á empresa TRALUSA pola prestación do servizo de transporte urbano de viaxeiros correspondente ao ano 2019, en concreto, dos meses de xaneiro a xuño, por un importe total de 1.691.280,24 euros. Explicou o alcalde que estes pagos estaban contemplados no contrato en concepto de anticipo a conta do equivalente ao 90% do déficit recoñecido no exercicio anterior.

PROGRAMA INTEGRAL DE EMPREGO

En materia de emprego, acordouse solicitar unha subvención á Xunta para a posta en marcha do programa integral "Santiago E-COM II", por un importe de 175.340,74 euros, aos que se sumaría unha achega municipal de 43.835,92 euros. 

Comentarios
Lo más