Colisión entre coche e camión na AP-9
19:05 22/07/19
19:05 22/07/19
Ocorreu na AP-9F, concretamente no punto quilométrico 1, en Guísamo
Unha muller e dous menores resultaron feridos de carácter leve esta mañá en Bergondo ao bater o coche no que viaxaban contra un camión. Ocorreu na AP-9F, concretamente no punto quilométrico 1, en Guísamo.
Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia uns minutos antes das 9:15 horas para alertar do accidente e, nada máis recibir o aviso, desde o CIAE 112 Galicia informouse do sucedido ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Bergondo e aos Bombeiros de Betanzos.
Finalmente, a muller e os dous menores foron trasladados ao centro médico de referencia.