Excarceran a unha persoa nun accidente en Ferrol
18:34 22/07/19
18:34 22/07/19
O sinistro produciuse na estrada que une Ferrol e A Graña, ao fío das 11:20 horas
Unha persoa resultou ferida esta mañá en Ferrol nunha colisión entre un coche e un camión. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Ferrol ao quedar atrapada no interior do turismo accidentado.
O sinistro produciuse na estrada que une Ferrol e A Graña, ao fío das 11:20 horas.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos a través da chamada dunha persoa particular. Decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Ferrol, á Policía Local, e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ferrol.