miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Cámara de Comercio de Santiago escolle os destinos de internacionalización máis rendibles

A Cámara de Comercio de Santiago escolle os destinos de internacionalización máis rendibles
A Cámara de Comercio de Santiago escolle os destinos de internacionalización máis rendibles

Sectores tecnolóxicos para a industria pesqueira e naval, alimentarios, telecomunicacións, manufacturas de madeira, manufacturas metálicas e empresas de enxeñería e servizos especializados, son moi demandados nestes mercados

A Cámara de Comercio de Santiago está a organizar as accións de internacionalización do último cuadrimestre do ano, dentro do Plan FOEXGA que cofinancia o IGAPE con fondos FEDER.

Emiratos Árabes Unidos, Sudáfrica, Namibia e Mozambique, Colombia, Perú, Chile e Ecuador

Todos estes mercados foron escollidos coidadosamente para que o rendemento dos esforzos de promoción sexan o máis rendible posible para as empresas galegas. En todos eles e para os nosos sectores exportadores, hai oportunidades de negocio, de cooperación e establecemento de acordos de distribución.

Sectores tecnolóxicos para a industria pesqueira e naval, alimentarios, telecomunicacións, manufacturas de madeira, manufacturas metálicas e empresas de enxeñería e servizos especializados, son moi demandados nestes mercados. 

A diversificación de mercados é fundamental para as pemes, é un empeño que non pode decaer porque está máis que comprobado que tarde ou cedo os mercados domésticos teñen recesións e caídas que só poden compensarse con clientes diversificados noutras áreas máis afastadas. En todos estes países cóntase con asesoramento especializado en destino, que axudarán ás empresas inscritas a atopar as claves necesarias para coñecer o mercado e aproveitar as posibilidades de negocio existentes.

Por último, a Cámara prepara para o sector Turismo a asistencia á Feira TTG de Rímini (Italia) do 8 ao 12 de Outubro, unha feira moi profesional e moi enfocada aos contactos profesionais onde a vista das empresas galegas noutras edicións foron moi exitosas. Un fito importante para preparar o ano Xacobeo do 2.021.

Comentarios
Lo más