Trasladan a unha muller por mor dun incendio que arrasou a súa vivenda en Fene
O 112 Galicia recibiu a alerta e decontado púxose en marcha un operativo no que participaron Bombeiros de Ferrol e os axentes da Policía Local
Unha muller tivo que se evacuada e todo un edificio desaloxado a causa dun incendio que arrasou por completo un piso en Fene.
Ás 17:30 horas de onte un lume no interior dunha vivenda da Estrada da Palma alertaba aos veciños, que deberon abandonar o inmoble ata remataron as tarefas de extinción.
O 112 Galicia recibiu a alerta e decontado púxose en marcha un operativo no que participaron Bombeiros de Ferrol e os axentes da Policía Local, que confirmaron o desaloxo do edificio de tres plantas no que se declarou o lume.
Pola súa banda, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias ocupáronse do traslado da muller en estado de nerviosismo, mentres que os bombeiros, xunto cos membros do GES de Mugardos, fixeron fronte ás lapas, que remataron por danar a totalidade do piso.
Arestora, o incendio está controlado, mais os servizos de emerxencias continúan no lugar dos feitos ata a completa extinción do lume.