Os nenos e nenas dos campamentos urbanos do Concello de Noia desfrutaron un tobogán de auga
Durante unhas tres horas, a rapazada do campamento sumouse aos nenos e nenas presentes no Curro e deslizáronse polo tobogán disposto por Vella Escola
Os corenta nenos e nenas que participan na segunda quenda dos campamentos urbanos de conciliación programados polo Concello de Noia participaron o venres nunha das actividades incluídas no programa de Rúas Vivas: un tobogán de auga da man de Vella Escola. A rapazada, de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, desprazouse do IES Campo de San Alberto ata a rúa do Curro, acompañados pola concelleira de Deportes e Mocidade, Laura Salgado.
Durante unhas tres horas, a rapazada do campamento sumouse aos nenos e nenas presentes no Curro e deslizáronse polo tobogán disposto por Vella Escola, ben sobre táboas de surf e flotadores, ben directamente sobre a superficie deslizante. Os monitores do campamento axudaron a impulsar aos pequenos, que comezaron con certo respecto pero remataron lanzándose con carrerilla.