Arde unha cociña en Cangas
17:21 21/07/19
17:21 21/07/19
Nas tarefas de extinción, tamén colaboraron os Bombeiros do Morrazo e os axentes da Policía Local
Ás 6:30 horas desta madrugada, o 112 Galicia tivo coñecemento doutro incendio urbano en Cangas, que afectou a unha cociña e obrigou aos ocupantes da vivenda a someterse a unha revisión médica debido á inhalación de algo de fume.
Así o confirmaron os efectivos do servizo local de Protección Civil da localidade pontevedresa despois de comprobar que o lume estaba apagado.
Nas tarefas de extinción, tamén colaboraron os Bombeiros do Morrazo e os axentes da Policía Local.