Atopan o corpo sen vida dunha muller en Santiago
O intenso fume procedente do inmoble alertou aos veciños, que atoparon á ocupante da vivenda falecida no interior
Unha muller foi localizada sen vida despois de producirse un incendio no seu piso da Rúa Mónaco, en Santiago.
O intenso fume procedente do inmoble alertou aos veciños, que atoparon á ocupante da vivenda falecida no interior.
Eran as 21:30 horas de onte cando o 112 Galicia recibiu a alerta sobre un incendio nun piso ocupado por unha muller na Rúa Mónaco. Decontado, informouse aos servizos sanitarios de urxencia, pero nada puideron facer por salvar a vida da muller de avanzada idade que xacía no interior.
Por suposto, tamén acudiron os bombeiros da cidade para sufocar o incendio, que, á súa chegada, xa estaba apagado, polo que non foi necesaria a súa intervención. Iso si, no punto permaneceron os axentes de Policía Local e Nacional para continuar coas súas pesquisas e tratar de aclarar as circunstancias do suceso.