Un cervo causa un accidente de consideración en Forcarei
No sinistro viuse implicado un segundo turismo e foi necesaria a intervención dos servizos sanitarios
Un animal intercepta na vía e bate contra o parabrisas dun coche que circulaba pola N-541, en Forcarei.
No sinistro viuse implicado un segundo turismo e foi necesaria a intervención dos servizos sanitarios.
Todo ocorreu ás 14:30 horas da tarde de onte, cando un particular chama o 112 Galicia para informar dun cervo encaixado no parabrisas dun coche que circulaba pola estrada que une Pontevedra con Forcarei, á altura de Soutelo de Montes. No accidente houbo outro vehículo implicado e foi necesaria a asistencia médica para atender aos afectados debido ás lesións provocadas polo golpe.
Así, desde o 112 Galicia, solicitouse a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, así como dos axentes da Garda Civil de Tráfico para coñecer todos os datos do accidente.