miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ribeira acollerá un curso de monitor de fútbol base en agosto

Ribeira acollerá un curso de monitor de fútbol base en agosto
Ribeira acollerá un curso de monitor de fútbol base en agosto

Constará de 65 horas lectivas repartidas en 5 semanas (os horarios concretos definiranse xunto ao club promotor) e celebrarase no polideportivo de Palmeira

O municipio ribeirense dará cabida no mes de agosto a un novo curso de monitor de fútbol base dirixido a todos aqueles que queira iniciar a súa carreira como adestrador.

Para presentar esta iniciativa, compareceron no Consistorio Local o presidente da Escola Galega de Adestradores, Iván Cancela, e o presidente do club promotor Carreira C.F., Francisco Sieira, acompañados pola primeira tenente de alcalde María Sampedro.

Segundo informou Cancela, dende este verán a superación deste curso é obrigatorio como paso previo ao que serve para adquirir o título de técnico deportivo de fútbol nivel 1, de resultas dunha unificación a nivel de España requirida pola UEFA.

O período de inscrición abriuse fai uns días e as persoas interesadas poden formalizar a súa asistencia na páxina web www.futgal.es. O mínimo para a súa celebración é de 18 persoas (está aberto a calquera persoa interesada, sexa ou non de Ribeira). Constará de 65 horas lectivas repartidas en 5 semanas (os horarios concretos definiranse xunto ao club promotor) e celebrarase no polideportivo de Palmeira.

Francisco Sieira confesou que no seo da entidade ao principio foron reticentes a estes cursos pero que agora recoñecen a súa valía e o beneficio que entrañan na formación dos nenos e nenas.

Pola súa parte, María Sampedro salientou a gran demanda deste tipo de accións e a calidade dos profesores que forman parte da Escola de Adestradores, caso do palmeirán Yago Iglesias. Tamén destacou a idoneidade do curso de cara ao posible proxecto de unificación das canteiras no que se está a traballar. 

Comentarios
Lo más