Ribeira organiza tres campamentos para favorecer o desenvolvemento dos nenos en risco de exclusión
Para este campamento A Pita Cega, o prazo de inscrición abrangue dende o 21 de xullo ata o 10 de agosto e as solicitudes estarán a disposición no Departamento de Servizos Sociais
A Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Ana Ruiz Reiriz, está implicada na celebración de tres campamentos de verán para que nenos e mozos en risco de exclusión ou con diversidade funcional poidan disfrutar de alternativas de ocio na época vacacional.
O obxectivo desta triple iniciativa reside en favorecer a convivencia co medio natural nun entorno normalizado no que a través de actividades lúdicas e recreativas se favoreza a diversión, esparcemento e relación cos demais, fortalecendo así o seu desenvolvemento sociopersoal.
Os devanditos campamentos son:
- Campamento de Convivencia Golfiño: que se celebrará do 16 ao 22 de agosto no campamento xuvenil de Pontemaril (Forcarei), con 14 prazas destinadas a nenos e mozos inscritos nos programas de Servizos Sociais.
- Campamento Viveiro Dorneiro: cunha reserva de seis prazas para nenos que forman parte dos programas de Servizos Sociais. Ten lugar en xullo.
- Campamento de verán A Pita Cega: con reserva de cinco prazas e dirixido a persoas con diversidade funcional que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%, posúan unha capacidade mínima de comunicación e unha mobilidade acorde coas características da instalación, e non presenten trastornos que poidan alterar a convivencia no transcurso da actividade. Do 22 ao 28 de agosto.
Para este campamento A Pita Cega, o prazo de inscrición abrangue dende o 21 de xullo ata o 10 de agosto e as solicitudes estarán a disposición no Departamento de Servizos Sociais.