miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os populares demandan a urxencia na licitación do transporte urbano e unha revisión nas liñas

Os populares demandan a urxencia na licitación do transporte urbano e unha revisión nas liñas
Os populares demandan a urxencia na licitación do transporte urbano e unha revisión nas liñas

Este servizo mantense operativo nunhas condicións precarias e deficientes; sen contrato, cunha insatisfactoria retribución ao concesionario; cunha rede cuxo deseño básico de hai xa moitos anos e cunha flota de vellos autobuses

O Grupo Municipal Popular presentará no vindeiro Pleno ordinario unha proposición para que se leve a cabo a revisión e información pública do proceso de licitación do servizo de transporte urbano municipal. Este servizo mantense operativo nunhas condicións precarias e deficientes; sen contrato, cunha insatisfactoria retribución ao concesionario; cunha rede cuxo deseño básico de hai xa moitos anos e cunha flota de vellos autobuses, polo que se fai necesario proceder, canto antes, a licitación dun novo servizo.

Cabe sinalar que, para o equipo que dirixe Agustín Hernández, conviría facer un esforzo para que esta licitación urxente resulte compatible, por unha banda, coa racionalidade na definición das liñas, do contrato e da propia mobilidade no Concello, e por outra, coa transparencia e a participación, posto que o novo documento condicionará a vida de milleiros de persoas e o labor de sucesivos gobernos municipais.

Co fin de solucionar esta situación da forma máis adecuada posible, os Populares instan ao Goberno de Sánchez Bugallo a que, con anterioridade á licitación do servizo de transporte urbano municipal, e coa máxima dilixencia, revise ou reconsidere os fundamentos técnicos, sociais e económicos da nova rede proposta polo anterior Executivo, prevendo ademais a necesidade de coordinar a definición da nova rede cun futuro Plan de Mobilidade; e someta tales fundamentos á consideración do Consello de Tussa con carácter previo ao inicio da licitación.

Así mesmo e con carácter previo a licitación, debería procederse a abrir un período de exposición pública, que permita coñecer en detalle, en termos comparativos coa actual rede, e de xeito visual, mesmo con simuladores de viaxes a través da web municipal, os cambios que se prevean no relativo as conexións, aos tempos de acceso, de espera  e de viaxe, a fin de xuntar as suxestións que os cidadáns desexen trasladar.

Comentarios
Lo más