miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Morre unha persoa en Lugo tras ser arrolada por un tren

Morre unha persoa en Lugo tras ser arrolada por un tren
Morre unha persoa en Lugo tras ser arrolada por un tren

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao fío das 7:20 horas, a través do persoal de Adif

Unha persoa perdeu a vida a primeira hora desta mañá en Lugo ao ser arrolada por un tren. Ocorreu na entrada da estación de Lugo, no punto quilométrico 431,800, entre a Ponte da Chanca e o paso superior da N-640.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao fío das 7:20 horas, a través do persoal de Adif.

Nada máis recibir o aviso, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Lugo, da Policía Local e Nacional e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade.

Unha vez no lugar, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento da persoa arrolada.

Comentarios
Lo más