Un accidente entre un turismo e unha moto dificultou o tráfico en Vidán na noite de onte
09:34 18/07/19
09:34 18/07/19
O accidente tivo lugar en Vidán, ao fío das 21.30 horas de onte
O 112 Galicia rexistrou un accidente de tráfico en Santiago de Compostela no que se viron implicados un turismo e unha moto. Segundo os datos facilitados polo Axencia Galega de Emerxencias a persoa que conducía a motocicleta resultou ferida de consideración.
O accidente tivo lugar en Vidán, ao fío das 21.30 horas. Nada máis ter constancia a través dos servizos sanitarios de urxencia, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso á Policía Local, a Protección Civil e aos Bombeiros de Santiago de Compostela.