miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Arredor de cen persoas participaron onte no visionado do eclipse parcial de lúa no Pico Sacro

Arredor de cen persoas participaron onte no visionado do eclipse parcial de lúa no Pico Sacro
Arredor de cen persoas participaron onte no visionado do eclipse parcial de lúa no Pico Sacro

Dende o Departamento de Educación e Cultura amosaron a súa satisfacción pola “gran acollida que tivo esta actividade, superando todas as expectativas”

Arredor de cen persoas participaron a semana pasada á noite no visionado do eclipse parcial de lúa. Organizada polo Departamento de Educación e Cultura do Concello de Boqueixón en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller e Turismo de Galicia –dentro do programa O Camiño das Estrelas. As estrelas do Camiño, O teu Xacobeo-, esta actividade tivo lugar no Pico Sacro.

Alí, o director do Observatorio Astronómico, José Ángel Docobo, encargouse de explicar unhas nocións básicas sobre como se produce o eclipse parcial de lúa, así como detalles sobre os principais planetas e constelacións que se poderían visionar durante a actividade. Aínda que as nubes, nun principio, non permitían a axeitada observación do satélite natural da terra, as condicións meteorolóxicas deron finalmente unha tregua e as persoas asistentes puideron observar, a través dos dous telescopios dispoñibles, o eclipse parcial de lúa.

Dende o Departamento de Educación e Cultura amosaron a súa satisfacción pola “gran acollida que tivo esta actividade, superando todas as expectativas”. Non en van, se a previsión era de medio cento de persoas, finalmente os asistentes achegáronse aos cen.

Comentarios
Lo más