Ribeira licita a reparación do pavimento na rúa do Canal
06:30 22/07/19
06:30 22/07/19
O período de presentación de ofertas expira o 5 de agosto
O Concello de Ribeira informa da licitación da actuación consistente na reposición do pavimento asfáltico na rúa do Canal e no camiño entre Ameixida e Os Paramos, ambas vías situadas na parroquia de Castiñeiras.
Os dous viales presentan un firme en aglomerado asfáltico bastante deteriorado en certos tramos, razón pola cal se persegue a súa mellora a través dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente de 6 centímetros de espesor, previa limpeza das súas marxes.
O orzamento deste proxecto ascende a un total de 48.881 euros e o seu prazo de execución son dous meses. Está financiado polo POS provincial.
O período de presentación de ofertas expira o 5 de agosto.