miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un vehículo cae por un terraplén no concello de Monfero

Un vehículo cae por un terraplén no concello de Monfero
Un vehículo cae por un terraplén no concello de Monfero

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro produciuse en Monfero, pasadas as sete da tarde de onte

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron onte á tarde ao condutor dun turismo que resultou ferido de consideración ao caer por un terraplén co seu vehículo.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro produciuse en Monfero, pasadas as sete da tarde de onte, cando o vehículo no que viaxaba o ferido saíuse da vía e caeu por desnivel na estrada que une Betanzos con Vilalba.

Como consecuencia do impacto, o condutor sufriu diversas lesiones das que foi atendido por un equipo do 061-Urxencias Sanitarias, que acudiu ao lugar do accidente a bordo do helicóptero medicalizado para o traslado urxente ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Ademais, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos Bombeiros do Eume ante a posibilidade de que a persoa estivese tamén atrapada no interior do turismo. Sen embargo, os servizos sanitarios foron quen de acceder ao ocupante e descartouse o emprego do equipo de excarceración.

De igual modo, ata o lugar do sinistro desprazouse unha patrulla da Garda Civil de Tráfico co fin de coñecer todos os datos sobre o accidente.

Comentarios
Lo más