miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Afundación, o Centro Pen e a Xunta de Galicia comunican a resolución do XVII Premio de Poesía

Afundación, o Centro Pen e a Xunta de Galicia comunican a resolución do XVII Premio de Poesía
Afundación, o Centro Pen e a Xunta de Galicia comunican a resolución do XVII Premio de Poesía

Esta é a XVII edición deste certame ao que concorreron un total de 30 obras inéditas, dun mínimo de 600 versos de extensión, escritas en lingua galega

fundación, o Centro PEN e a Xunta de Galicia darán a coñecer hoxe mércores 17 de xullo a resolución do XVII Premio de Poesía Afundación. O xurado, que se reunirá ás 16.00 h na Sede Afundación de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19), está presidido por Luís González Tosar, conta con Xabier Castro como secretario e, ademais, nesta edición está integrado polas escritoras María Canosa, Ánxela Gracián e Branca Vilela. 

A decisión farase pública nunha rolda de prensa que se celebrará ás 18.30 h e na que estarán presentes o director xerente de Afundación, Pedro Otero; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o presidente do Centro PEN Galicia e do xurado, Luís González Tosar.

Esta é a XVII edición deste certame ao que concorreron un total de 30 obras inéditas, dun mínimo de 600 versos de extensión, escritas en lingua galega. O principal obxectivo deste galardón é o de estimular a escrita e produción literarias de calidade na nosa lingua. O texto gañador recibirá un único premio de 6000 euros e será publicado, ademais, na colección Arte de Trobar, editada polo Centro PEN de Galicia, coa colaboración de Afundación e a Xunta de Galicia.

Comentarios
Lo más