Os populares entregan ao concelleiro de Medio Rural as demandas e necesidades da área compostelá
Nesta xuntanza, que tivo lugar entre a concelleira Ana Sabel e o responsable de Medio Rural do Concello, José Manuel Pichel, a Popular quixo darlle a coñecer as principais demandas dos veciños
O Grupo Municipal Popular informou onte ao concelleiro de Mario Rural, José Manuel Pichel, sobre cales son as actuacións máis importantes que están pendentes no rural santiagués. A concelleira Popular, Ana Sabel, fíxolle entrega ao responsable da materia das numerosas demandas que o seu grupo ten recollido por parte dos veciños.
O grupo que dirixe Agustín Hernández fixo un especial esforzo durante os últimos anos para coñecer e denunciar as distintas demandas. Así, Sabel informou a o concelleiro de Goberno da maioría das queixas, destacando que, na súa maioría, os veciños lamentan o total abandono destas zonas da capital de Galicia, posto que, nos últimos catro anos non se solucionaron problemas cotiáns que están a dificultar a súa calidade de vida, que a pesar de pagar os seus impostos carecen dalgúns dos ser vizos máis básicos.
Para os Populares, o actual Goberno municipal ten que saber que as parroquias máis pequenas e aloxadas do centro de Santiago pasaron case catro anos sen ter ningunha mellora, o que demostra unha total falta de vontade por parte dos que ata o de agora dirixían a cidade, que deixaron pasar 4 anos sen facer case nada.
Durante a xuntanza, Ana Sabel destacou que, nos próximos catro anos, o grupo que dirixe Agustín Hernández seguirá mantendo contactos directos que faciliten o coñecemento das carencias das parroquias santiaguesas, que na súa maioría son moi coincidentes, posto que en case todos os sitios hai un saneamento e abastecemento deficiente; pistas en estado de abandono e sen rozar; carencias no transporte urbano; numerosas fochancas; e falta de limpeza das gabias.
Así mesmo, a Popular insistiulle ao concelleiro de goberno en que é importante coñecer e estruturar o contrato de rozas e o Plan de traballo dos tractores municipais, co fin de reforzar a súa eficiencia e non pode pasar máis tempo sen poñer en marcha o Plan Municipal de Prevención de Incendios.
Finalmente, a concelleira Popular insistiu en que o seu grupo continuará con esta labor, recollendo as necesidades das parroquias de Santiago e incidiu en demandar ao Executivo municipal que adopten as medidas que supoñan un impulso para o rural santiagués, compaxinando a modernización destas zonas e a explotación dos seus recursos naturais.