miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A oposición opina sobre a futura estación intermodal

A oposición opina sobre a futura estación intermodal
Arquivo
A oposición opina sobre a futura estación intermodal

PP, CA e BNG aclaran as súas posturas sobre a nova estación

O señor Bugallo reuniuse ás 12:30 da mañá ca concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón e ca presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, para chegar a un acordo en relación a finalización da estación intermodal de Santiago de Compostela.

A oposición convocou unha rolda de prensa para indicar as liñas vermellas que non debe pasar o señor alcalde para que obteñan o seu apoio.

O primeiro en declarar foi Agustín Hernandez, o cal deixa claro que apoiará a Bugallo sempre e cando cumpla as tres condicións que esixe o líder da oposición.

- Eliminar a cláusula que limita a finalización da estación se non acada os tres millóns e medio de pasaxeiros (a día de hoxe rolda os 2,5 millóns).

- Volte a cidade co compromiso de rematar a presentación do proxecto completo e lle amose a data de finalización antes do verán.

- Inmediata licitación da 3ª fase que lle corresponde a Adif.

Senón cumpren esas tres pautas, o PP de Santiago en ningún momento respaldará o goberno dos socialistas e recalca que a estación ten que estar 100% rematada antes do 2021, após de que non teñen moitas expectativas nas negociacións ca presidenta de ADIF.

Martiño Noriega non nega asinar o documento da cláusula dos 3,5 millóns de pasaxeiros e respáldase afirmando que "non é limitativa senón restrictiva". Ante unha resposta tan ambigua sobre a pregunta da cláusula, Goretti Sanmartín, voceira do grupo municipal do BNG ve igual de clara, a eliminación inmediata desta condición para poder finalizar canto antes o proxecto, aínda que non sexa do seu total agrado. Reivindica un aparcadoiro subterráneo que non sabe se está a tempo de poderse levar a cabo, admite que é un bo comezo, pero que a obra carece de funcionalidade.

Na Casa do Concello tamén tiveron cabida outros temas de vital importancia. 

FESTAS DO APÓSTOLO

Compostela Aberta centrouse no apoio á continuidade da creación de artes visuais na cidade e o programa de festas do Apóstolo. Aclara que empezaron a traballar nas festas desde o mes de febreiro e o 70% das actividades que se van levar a cabo xa están tramitadas. A concelleira, Branca Novoneyra fai especial fincapé declarando que "as grandes propostas centrais son nosas e apostamos por unhas festas descentralizadas na que pechamos toda a planificación musical da Quintana" aínda que agarda polo orzamento final do actual goberno.

DISCRIMINACIÓN DA XUNTA DE GALICIA CON SANTIAGO DE COMPOSTELA

Goretti Sanmartín abre a rolda de prensa reivindicando a "débeda histórica" que ten a Xunta de Galicia ca cidade de Santiago, no momento, no que no 2001 se conseguiu o Estatuto de Capitalidade, o que implica un gasto extra para a cidade, sen embargo, o financiamento da institución pasou de 5 millóns de euros aos 2,3 actuais. 

Ana Pontón denuncia os plans de Feijoo para o ano Xacobeo e pídille que non esqueza o resto de competencias que se respiran no mapa galego. 

Comentarios
Lo más