II Edición do Torneo do Apóstolo de "Pitch and Putt"
"Estamos moi contentos da acollida e repercusión que o torneo está a ter entre os practicantes desta modalidade deportiva"
A segunda edición do Torneo Apóstolo de Pitch and Putt levarase a cabo nas renovadas instalacións do campo de Tambre Golf de Porto Vieira, en Sigüeiro-Oroso.
O "Pitch and Putt" é unha variedade de golf para a mellora do xogo corto ata 120 metros con 18 furados e un percorrido chá, suave e rápido con dúas zonas separadas.
O torneo contará cunha saída ó tiro o día 24 ás 17:00 horas, cunha cuota máxima de 20 participantes e outra saída ó tiro o día 25 de xullo ás 10:00.
A organización síntese especialmente orgullosa de acadar a cifra de 4.000 euros obtida pola colaboración de empresas de Santiago e que estarán presentes en forma de agasallos, premios e sorteos. Ademais de contar cun campionato de primeiro nivel, que pode presumir do recente campión galego Marcos Gómez.