miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Condenan a 21 meses de cárcere un estafador que finxía realizar proxectos de chalés en Oleiros

Condenan a 21 meses de cárcere un estafador que finxía realizar proxectos de chalés en Oleiros
Condenan a 21 meses de cárcere un estafador que finxía realizar proxectos de chalés en Oleiros

Finxiu que contaba coa colaboración de entidades bancarias para o financiamento da compra da parcela e a vivenda

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a 21 meses de cárcere como autor dun delito continuado de estafa un home que conseguiu que dúas persoas lle pagasen 6.300 e 1.700 euros, respectivamente, para a construción de dúas vivendas unifamiliares en Oleiros que finxiu que levaría a cabo. 

O tribunal explica que a “artimaña enganosa” consistiu en que o acusado fixo crer ás dúas afectadas que tiña un “estudio de deseño” e que lles ía vender a cada unha un chalé con parcela incluída a un prezo moi competitivo.

Ademais, finxiu que contaba coa colaboración de entidades bancarias para o financiamento da compra da parcela e a vivenda. “Todo iso resultou ser falso, unha montaxe elaborada polo acusado para conseguir cartos das vítimas”, resaltan os maxistrados, os cales sosteñen que o imputado, “coa súa locuacidade e verborrea” lles fixo “crer nas súas posibilidades cando eran nulas”.

“É evidente que foi a maquinación do acusado a que motivou que as denunciantes confiasen na seriedade das súas afirmacións e lle entregasen os cartos, en prexuízo propio e en beneficio do embaucador, que incorporou ao seu patrimonio os cartos sen que en ningún momento pensase en destinalos á inexistente adquisición das parcelas e á construción das vivendas unifamiliares”, salienta a Audiencia.

Comentarios
Lo más