miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

ECI acolle a presentación da novela gañadora do Premio Illa Nova de Narrativa 2019, "A noite do lobo"

ECI acolle a presentación da novela gañadora do Premio Illa Nova de Narrativa 2019, "A noite do lobo"
ECI acolle a presentación da novela gañadora do Premio Illa Nova de Narrativa 2019, "A noite do lobo"

O acto celebrarase ás 20 horas no Salón de Ámbito Cultural de El Corte Inglés Santiago, planta baixa

Hoxe mércores, 17 de xullo, preséntase en Santiago a novela gañadora do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2019, A noite do lobo, de Abel Tomé. O acto celebrarase ás 20 horas no Salón de Ámbito Cultural de El Corte Inglés Santiago, planta baixa. Acompañarán o autor, Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia e Pati Blanco, director de comunicación e relación institucionais de El Corte Inglés Galicia – Asturias.

O antigo soldado e cazador de lobos Lourenço d’Ourantes goza do seu retiro nas terras frías e libres de Luiçiana. Unha mañá de inverno peta na súa porta un mensaxeiro procedente do Condado do Val de Constança cunha tráxica nova: o fillo do Conde apareceu devorado polo ata-que dun animal e precisan contratar os seus servizos como cazador. Ambos emprenden un longo e difícil camiño cara ao sur atravesando unha xeografía chea de mitos e lendas. Lourenço procurará dar caza ao lobo sen poder dei-xar atrás unha maldición que o persegue dende a súa estadía como soldado na selva, nun Val de Constança escuro e misterioso, controlado pola igrexa, e onde non todo é o que parece.

Abel Tomé (Outes, 1984) é graduado en xornalismo. Como estudante, gañou xunto a outros compañeiros o Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro 2013. Tamén foi gañador do primeiro premio Revista A Pipa 2015 na modalidade de poesía. Actualmente compaxina a comunicación e o deseño cun máster en Dereitos Humanos.

En 2018 publica ‘A noite do corvo’, a súa primeira novela, un título co que inauguraba unha triloxía que agora continúa con ‘A noite do lobo’, Premio Illa Nova de Narrativa 2019.

O Premio Literario Illa Nova de Narrativa está dirixido a autores e autoras menores de 35 anos, convocado por primeira vez no 2017, naceu co obxectivo de estimular a creación e de abrir un camiño a quen se está iniciando no mundo da creación literaria. O patrocinio de Ámbito Cultural El Corte Inglés a esta iniciativa da Editorial Galaxia, foi posible por que ambas entidades comparten a mesma sensibilidade de apoio a novos valores.

Comentarios
Lo más