Morre un operario ao caer de certa altura cando traballaba nunha vivenda en Forcarei
06:30 16/07/19
06:30 16/07/19
Os profesionais sanitarios xa nada puideron facer pola vida do home
Un operario perdeu a vida na tarde de onte despois de sufrir unha caída de altura cando traballaba nunha vivenda situada na parroquia de Aciveiro, en Forcarei.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o home faleceu sen que os profesionais sanitarios puidesen facer nada por salvarlle a vida e malia a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago para a rápida evacuación en caso de ser necesario.
Ao lugar do accidente, concretamente O Forno, tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil co fin de coñecer as circuntancias nas que se produciu o suceso, que tivo lugar ás 17:45 horas de onte.