Evacúan a un home ferido en Santiago ao caer dun tellado
19:47 15/07/19
19:47 15/07/19
O ferido foi evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia
En Santiago, un operario do sector da construción foi evacuado de urxencia para ser atendido das lesións provocadas por unha caída dun tellado na estrada de Chaián.
A alerta sobre este accidente recibiuse no 112 ás 12:30 horas de hoxe mediante a chamada dun veciño que pedía asistencia médica urxente para un operario ferido. Así, ademais dos efectivos do 061-Urxencias Sanitarias, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, informouse á Policía Local e Nacional.
Finalmente, o ferido foi evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.