Bugallo recibiu ao coronal xefe do Aeródromo Militar de Santiago
06:30 16/07/19
06:30 16/07/19
Na visita, alcalde e coronel expresaron a vontade de colaboración entre o Concello e esta unidade militar, que o pasado ano celebrou o seu 25 aniversario
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu a Manuel Muñoz Mompó, coronel xefe do Aeródromo Militar de Santiago.
Na visita, alcalde e coronel expresaron a vontade de colaboración entre o Concello e esta unidade militar, que o pasado ano celebrou o seu 25 aniversario. O seu labor é especialmente significativo nestas datas de verán, xa que dende o Aeródromo compostelán e de onde parten os efectivos aéreos de loita contra o lume en Galicia.