O Pleno aproba o suplemento de crédito de 7,5 millóns de euros para os pagos pendentes do Concello
Deuse o visto bo a un suplemento de crédito de 1.524.572,77 euros e a un crédito extraordinario de 287.541,51 euros para pagos pendentes e, da outra, a un suplemento de 5.708.776,90 euros destinado a pago de débeda bancaria
O Pleno do Concello de Santiago de Compostela aprobou en sesión extraordinaria dúas propostas de suplemento de crédito e crédito extraordinario presentadas pola concelleira delegada de Economía e Facenda, Marta Abal.
Dunha banda, deuse o visto bo a un suplemento de crédito de 1.524.572,77 euros e a un crédito extraordinario de 287.541,51 euros para pagos pendentes e, da outra, a un suplemento de 5.708.776,90 euros destinado a pago de débeda bancaria.
O primeiro punto, de suplemento de crédito e crédito extraordinario para pagos e obrigas pendentes, recibiu o voto favorable de PSdeG-PSOE, Compostela Aberta e BNG, mentres que o PP abstívose.
O segundo punto, de suplemento de crédito para amortización de débeda, foi votado a favor por PSdeG-PSOE e Compostela Aberta, contando coa abstención de PP e BNG.