miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ames xa abriu o prazo de inscrición nuha nova edición de Setembro Lúdico

Ames xa abriu o prazo de inscrición nuha nova edición de Setembro Lúdico
Ames xa abriu o prazo de inscrición nuha nova edición de Setembro Lúdico

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o luns 22 de xullo, mentres que o lúdico desenvolverase os días 2, 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de setembro

A Concellaría de Educación continúa coa súa programación de iniciativas para favorecer a conciliación entre as familias amesás coa posta en marcha do Setembro Lúdico 2019. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o luns 22 de xullo, mentres que o lúdico desenvolverase os días 2, 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de setembro. O Setembro Lúdico ofrece, como o resto dos programas lúdicos organizados polo Concello de Ames ao longo do ano, a posibilidade de solicitar o servizo de almorzo ou o de xantar. 

O Concello de Ames pon en marcha, un ano máis, o programa Setembro Lúdico, co obxectivo de facilitar a conciliación ás familias empadroadas no concello. A través deste servizo, dirixido a crianzas de entre 3 e 12 anos, ofértanse unha serie de actividades lúdicas e culturais, orientadas non só a entreter ás máis cativas e cativos durante os últimos días de vacacións, senón tamén a potenciar a súa formación educativa e emocional e a promover a súa autonomía persoal. 

Os requisitos para participar nalgún dos programas de conciliación é que os nenos e nenas estean escolarizados nalgún dos centros educativos de Ames e que pertenzan a unha unidade familiar empadroada na súa totalidade no Concello de Ames, no momento de presentar a correspondente solicitude. Tamén haberá que acreditar a necesidade da conciliación da vida laboral e familiar por parte dos dous proxenitores ou titores. Por último, os solicitantes deberán estar ao día no pagamento de todos os servizos ofertados polo Concello de Ames, e en xeral, non ter débedas co Concello.

Entre as 9:00 e as 14:00 horas desenvolveranse todas as actividades e xogos que engloba este programa, pero as familias poden solicitar o servizo Bos Días, que comeza ás 7:30 horas, ou o servizo de comedor. As nenas e nenos que non o soliciten serán recollidos ás 14:00 horas, os e as demais usuarios sairán ás 16:00 horas.

Comentarios
Lo más