miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un home falece mentres xantaba ca familia nun restaurante de Portomarín

Un home falece mentres xantaba ca familia nun restaurante de Portomarín
Un home falece mentres xantaba ca familia nun restaurante de Portomarín

O home natural de Ligonde será soterrado hoxe ás 17:00

J.M.L.N. veciño de Ligonde e con 55 anos de idade, faleceu este sábado nun restaurante de Portomarín mentres se atopaba xantando acompañado da súa familia.

Despois dunha intensa xornada laboral, algúns dos mebros da súa familia máis el, decidiron facer un descanso despois de realizar traballos no agro. Aproveitaron para entrar no restaurante Casa de Comidas Silva e así poder xantar despois dun laborioso día.

CAUSA DA MORTE

Según algunhas testemuñas que se atopaban no lugar, o señor empezou a ter fortes dores estomacales, tanto, que decidiu levantarse e saír fóra do restaurante e foi alí, xunto a porta da entrada do propio local, onde se desvaneceu.

Unha persoa que se atopaba no mesmo sitio avisou rapidamente ao 112 por un posible afogamento. Os servizos de emerxencia axiña avisaron á Garda Civil, ós sanitarios e incluso movilizaron un helicóptero, pero nada puderon facer para salvar a vida do home.

Aínda non esta por saber a causa real da morte, epro todo apunta a unha indisposición estomacal, ademais o home xa sufrira un accidente vascular e a súa movilidade era reducida.

O falecido soterrarase hoxe ás 5 da tarde no cemiterio de Ligonde, na súa parroquia natal.

Comentarios
Lo más