O BNG fai un chamamento para encher ás rúas o 25 de xullo
O Bloque Nacionalista Galego ten clara a importancia do 25X para un novo ciclo político
Na localidade de Lugo, este domingo, a viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil e o deputado Xosé Luís Rivas congregaron a 200 personas en Castroverde nun acto de reivindicación política, poñendo en manifesto a importancia do día da Patria que se celebrará en Compostela como cada ano, o 25 de xullo, co obxetivo de reivindicar o nacionalismo galego nunha manifestación polas rúas de Compostela, que como xa acostuma, rematará na praza da Quintana nunha celebración que participarán algúns dos militantes deste partido.
Agardan que asistan todas a quelas persoas "que queren unha Galiza con futuro, pensada desde nós e para todos e todas nós" e confían en que este ano a participación sexa masiva, convertíndose no pistoletazo de saída para abrir un novo tempo político tras as eleccións galegas do ano 2020.
Este 25 de xullo ten a particularidade de celebrarse tras saír de dúas citas coas urnas e a un ano da convocatoria das eleccións galegas. O Bng está en alza e confían en que a súa mensaxe chegue a todas as persoas que queren un cambio real do goberno do señor Feijoo. Por eso é tan importante para a cúpula do BNG ver este cambio plasmado nas rúas da capital galega.
A campaña propón a Galicia como un país plural, diverso e con diferentes formas de pensar. Aproveita o 25X para facer un centenar de actos por todo o mapa, co que conta incrementar a súa militantica en 500 persoas.