miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Deteñen a un feirante en Rianxo por agresión sexual

Deteñen a un feirante en Rianxo por agresión sexual
Deteñen a un feirante en Rianxo por agresión sexual

Fontes da Garda Civil explicaron que o arresto se practicou despois de que a muller chamase á Policía Local de Rianxo para denunciar os feitos

A Garda Civil detivo na madrugadado sábado a un feirante en Rianxo  acusado dunha agresión sexual contra unha empregada das atraccións que se atopan colocadas na feira do municipio con motivo da celebración das festas.

Fontes da Garda Civil explicaron que o arresto se practicou despois de que a muller chamase á Policía Local de Rianxo para denunciar os feitos.

A denunciante, que é unha das empregadas das atraccións de feira, explicou ás forzas de seguridade que o seu xefe propúxolle manter relacións sexuais pero ela negouse.

Tras a negativa, segundo denunciou a nova, o home realizoulle tocamentos polo que decidiu chamar á Policía.

O detido permaneceu nos calabozos de Rianxo e pasou a disposición xudicial en Padrón na tarde do sábado.

Comentarios
Lo más