miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS esixen que os equipos médicos cedidos por Medtronic sexan usados por todos os doentes

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS esixen que os equipos médicos cedidos por Medtronic sexan usados por todos os doentes
A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS esixen que os equipos médicos cedidos por Medtronic sexan usados por todos os doentes

Se finalmente os quipos cedidos pola multinacional se destinan integramente a atender as probas do servizo de cardioloxía e do seu socio empresarial, como así se contempla nos convenios asinados, asegura a Asociación que estamos ante a "materialización dun tratamento discriminatorio"

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou pública e reiteradamente os convenios asinados polo SERGAS coa multinacional Medtronic, S.A. polos cales, a cambio da cesión en uso de RM, TC e outros equipos de diagnóstico para as áreas de cardioloxía dos hospitais clínicos universitarios de Lugo e Santiago e de cardioloxía e cirurxía dixestiva do hospital da Coruña, o Servizo Galego de Saúde poñía a disposición da empresa a súa estrutura organizativa, e, daquela, medios humanos e materiais para testar os produtos que a empresa comercializa en todo o mundo e mellorar a súa posición estratéxica no mercado. 

Entre outras cuestións, a asociaciñon denuncia que era contrario ao interese público que os equipos estivesen ao servizo exclusivo de áreas específicas de atención e que se dotasen recursos para a súa posta en funcionamento atendendo ás necesidades estratéxicas dunha multinacional. Demandaron entón, e reitéranlo agora, que estes equipos deben poñerse ao servizo de toda a demanda asistencial e que os recursos humanos que se doten deben ter esta finalidade esencial.

Pois ben, de acordo coa información da que dispón a Asociación de Pacientes, neste momento os equipos xa están practicamente instalados na zona asignada para eles na antiga sala de rehabilitación e está prevista a posta en funcionamento nos próximos meses. Debido a isto a asociación consideran necesario que o SERGAS e a xerencia inicien a tramitación do proceso de selección do persoal sanitario necesario para a súa posta en servizo e, xa que logo, e dese modo garantir que se destinen ao conxunto dos pacientes da Área.

Ante esta situación, a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS alertan a pacientes e usuarios das consecuencias que se derivarían desta inactividade e da falta de compromiso da xerencia das necesidades asistenciais.

Actualmente, o persoal da radioloxía está atendendo os aumentos da demanda global do servizo mediante a realización de “peonadas” (horas extras) en xornada de tarde e fins de semana. Malia realizar este esforzo importante, que por si mesmo xustifica a creación de novos postos de traballo para a posta en servizo dos equipos actualmente en funcionamento, as listas de espera para probas diagnósticas seguen sen reducirse e mantéñense desde hai anos en case 7.000 persoas. Esta manifesta carencia de medios humanos afecta directamente aos pacientes, que teñen que soportar esperas inxustificadas que vulneran o dereito aos tempos máximos para recibir a atención requirida.

Por elo necesariamente débese contratar novo persoal para atender as máquinas cedidas pola multinacional, xa que en caso contrario, estariamos ante unha situación que afectará aínda mais ás listas de espera do conxunto do servizo co incremento do número de persoas en espera que pode chegar a cifras alarmantes e insoportables para o sistema público de saúde.

Se finalmente os quipos cedidos pola multinacional se destinan integramente a atender as probas do servizo de cardioloxía e do seu socio empresarial, como así se contempla nos convenios asinados, asegura a Asociación que estamos ante a "materialización dun tratamento discriminatorio" para o resto dos pacientes por razón do tipo de doenza, que quebra de xeito manifesto e pleno o principio de equidade e ante un uso indebido dos recursos públicos por priorizar inxustificadamente unha especialización clínica concreta e servir aos plans estratéxicos de mercado dunha multinacional.

A Asociación de Pacientes vai dirixirse ao SERGAS e á xerencia do CHUS reiterando esta demanda e solicitando información sobre o procedemento de selección de persoal sanitario, sobre o número total de “peonadas” realizadas polo persoal do servizo de radiodiagnóstico durante o ano 2018, así como sobre as listas de espera existentes para RM e TC para segundas e sucesivas probas diagnósticas. Igualmente, solicitaremos información sobre o custo de mantemento dos equipos e sobre o compromiso ou compromisos existentes en relación co réxime do seu uso.

Comentarios
Lo más