miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A renovación da cuberta do polideportivo de Sirves recibe doce ofertas de empresas

A renovación da cuberta do polideportivo de Sirves recibe doce ofertas de empresas
A renovación da cuberta do polideportivo de Sirves recibe doce ofertas de empresas

O prazo de execución ascende a un mes e medio

O Concello de Ribeira informou de que finalizado o prazo de presentación de ofertas foron doce as propostas presentadas á actuación consistente na renovación da cuberta do pavillón polideportivo de Sirves, situado na parroquia de Olveira.

Cun orzamento de 54.817 euros, IVE incluído, a actuación está cofinanciada con 38.371 euros pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, ao abeiro da orde do 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas aos concellos de Galicia para o ano 2019.

Conforme ao proxecto técnico elaborado polos servizos do Concello, o pavillón ten en liñas xerais un bo estado de conservación pero rexistra episódicos problemas de filtracións de auga de chuvia que deixan en ocasións a pista impracticable.

Comentarios
Lo más