miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Fredi Leis falou da súa experiencia como futbolista e como músico

Fredi Leis falou da súa experiencia como futbolista e como músico
Fredi Leis falou da súa experiencia como futbolista e como músico

Visitou o Centro Xuvenil Don Bosco  para compartir un rato con 400 rapaces e rapazas de entre 4 e 16 anos de idade

O cantante e compositor compostelán Fredi Leis visitou este venres, 12 de xullo, o Centro Xuvenil Don Bosco para falar da súa experiencia como futbolista e músico. Fíxoo ante os 400 rapaces e rapaces de entre 4 e 16 anos de idade que están a participar nas actividades de Bosco Verán 2019. 

Esta visita foi organizada tamén coa colaboración do CD-Belvís e Escola Deportiva Santiago e serviu como colofón ao Campus de Fútbol e Música que organizou a nosa entidade a semana pasada. Con esta nova modalidade de Campus, a EDS quere destacar os beneficios que aportan ambas disciplinas aos nenos e nenas. E é que, pese a ser moi distintas, ambas logran transmitir os mesmos valores. 

Leis faloulles aos pequenos e pequenas do moito que lle aportou o fútbol á súa carreira como músico, pois co deporte aprendes a esforzarte, a traballar en equipo, a respectar aos demais… O compostelán animou a todos a perseguir os seus soños e a esforzarse por logralos. 

FREDI LEIS

Fredi Leis é un cantante e compositor compostelán. Recentemente acaba de presentar o seu último single ‘La Faraona’, ao tempo que continúa percorrendo España coa xira do seu primeiro LP ‘Neón’. 

Como futbolista empezou xogando ao fútbol sala en categoría prebenxamín, no Toxiño, e de aí foi pasando por diferentes equipos: Rosalía de Castro, Compostela, Conxo, Santiago… Ata chegar ao Pontevedra de Terceira División, club co que incluso disputou algún partido de Copa Diputación co conxunto de Segunda B.

Comentarios
Lo más